casas Mario Puentes, Visita nuestras últimas promociones

Comprar unha casa debería ser algo agradable ¿non?

Convertimos a experiencia de comprar unha casa en algo sinxelo e cómodo a través de tres eixos clave.

_financiación. Cada persoa é diferente. Cada situación, tamén. En Mario Puentes ofrecémoslle asesoramento para a financiación da súa casa, adaptándonos ás súas necesidades: formas/condicións de pago, entregas previas á firma… e axudámoslle á obtención da hipoteca máis vantaxosa.

_personalización. Cada casa debe parecerse a quen a habita, non a quen a constrúe. En Mario Puentes ofrecémoslle a posibilidade de personalizala durante períodos de execución da obra. Cambiar algún material, ou a configuración. Darlle ese toque final que a convirta nun fogar.

_post-venta. Unha casa Mario Puentes está pensada para durar moito. Tan convencidos estamos de elo que ofrecemos un servizo post-venta que lle permitirá resolver calquera continxencia que poida surxir.