Mario Puentes renova a súa imaxe corporativa
Mario Puentes. 01/01/2008

Tras case 50 anos de viaxe polo mercado inmobiliario, a promotora Mario Puentes renova a súa identidade con un novo logotipo para, segundo, a súa axencia de publicidade dotar á marca duns rasgos tanto físicos como emocionais que nos permitan posicionala nun mercado cambiante dunha forma sólida e efectiva.

O novo logotipo, mantén as cores coas que tradicionalmente se identificou a marca, e incide no ano da súa fundación e no seu novo slogan "Casa de casas"...

"Pretendemos facer fincapé na importancia da experiencia e de ser pioneiros. Defendemos a calidade fronte ó oportunismo" Todo un valor en tempos nos que moitos outros aparecen e desaparecen.